Un xenio confinado baixo terra polo seu físico que non semella humano. Un amor que nunca terá lugar máis que pola violencia e na escuridade dun camerino cun espello trucado. Un corazón que latexa a pesar da deformidade física e mental de quen o hospeda. Unha novela policíaca con final traxicamente feliz escrita en 1910. Gaston Leroux non deixa de abraiarnos e manternos pegados ás paxinas para coñecer o intenso destino de Erik, Christine e Raoul,Vizconde de Chagny.
Leroux é capaz de introducirnos no retorcido e ambicioso mundo da Ópera Garnier de París como un especialista en telóns e tramoias. Non deixa escapar un detalle na descrición dos camerinos das estrelas, dos palcos, dos trámites alegais que se levan a cabo nos despachos e da alta sociedade presente nas actuacións. A novela, pese a ser calificada de policíaca ou negra ten máis de historia de amor e brutalidade social que outra cousa. A propia familia rexeita a Erik cando é consciente de que non é "normal", o mundo dálle as costas e só lle permite actuar en barracóns de circo, amosado como un cadáver vivente a todo aquel que se atreva a velo. Escudado sempre na noite, escondido na sombra, Erik, máis coñecido como a temible "Pantasma da Ópera", aprenderá a odiar o mundo que o fixo así e a amar sen condicións a unha damiña que nunca poderá corresponder o seu querer. Christine ve nel a rencarnación dun "anxo da música" envíado polo seu defunto pai para que cumpla o seu soño de ser cantante de ópera. Raoul só sabe que Erik se fixo dono do corazón da súa dama con notas musicais e enganos. E mortes e máis mortes na Ópera Garnier mentras resoa unha voz de ultratumba no palco número 5.
Un triángulo amoroso con un só camiño: a morte. Un final deses apoteósicos. Deses que demostran que canto máis amas máis fires a quen queres. Un final digno de reflexión e de lectura profunda.

No hay comentarios:
Publicar un comentario