viernes, 30 de septiembre de 2022

Ilusión de cor

Días grises, pulsións multicolor.
Vibracións e acordes azuis, pintados á man só para profanos.
Horas, minutos e segundos que se atoran no esternón.
Explotan os átomos de osíxeno, tinxindo de vermello cada pensamento.
Ritmos e pausas que se enganchan en cada pincelada.
O lenzo que é a rutina precisa de cada Mi sostido para darlle sentido ás agullas do reloxo.
Unha de cada doce voltas o cuco queda sen voz.
Tamén a el lle explotou a razón.

30 de setembro de 2017

domingo, 4 de septiembre de 2022

Se vende

Non, nin a morte nos iguala. Non importa cantas veces nolo quixeran facer crer. 
Nacemos descastadas, morremos descastadas.
Cemiterio de Pereiró, Vigo, 31 de xullo de 2021

sábado, 27 de agosto de 2022

Exhalación

Cada latexo, cada inspiración.
Cada mirada, cada vibración.
Cada segundo no que quedamos sen alento.
Cada pestanexo.

Non precisamos máis ca un suspiro para recordarmos que seguimos vivas.
Aínda.

sábado, 23 de julio de 2022

Respirar

De todas as horas que aquí nos damos, cantas nos adicamos solamente a respirar?

Non é que non sexa esta unha función básica para a supervicencia humana, porén, é posible que haxa outras moitas (case) igual de importantes? 

Non se trata de deixar grandes legados a quen virá despois. Nin tampouco en esperar placas no limiar da porta porque fomos grandes homes e mulleres para a sociedade. 

Cecais, e só cecais, estar vivas consista en sacar o mellor de cada día sen agardar nada a cambio. Sabendo que o fixemos o mellor que sabíamos e tan ben como puidemos. Deixándo todo un pouquiño mellor do que o atopamos. Pois, a fin de contas, a todas nos han de comer os bechos.

E ata entón, seguir adiante sen esquecernos de respirar, por suposto.
Tarsis representada na rosa dos ventos da Torre de Hércules, A Coruña (3/06/2022)