domingo, 25 de octubre de 2009

Recorda que te poido facer borrar da miña memoria!

Deixoume o mozo. Así, de súpeto, tras cinco anos de feliz relación. Sen avisar, sen posibilidade de previr o feito e polo tanto crear un plan B o suficentemente bon como para saír a flote. ¿Que fago agora? ¿Onde gardo todo aquilo que durante cinco anos construímos xuntos? E peor aínda, ¿como logro facer desaparecer a esta persoa dos meus recordos?

Agora poido facer que superar a ruptura non sexa máis ca un trámite médico. Lacuna Inc. é a novedosa compañía que se encargará do traballo máis sucio mentras eu simplemente sigo coa miña vida. ¿Sinxelo, non?. Tan só teño que estar disposta a pasar por un tratamento que equivale ao pequenas lesións cerebrais e voilá, esquecín ao amor da miña vida.

Por sorte ninguén rematou ningunha relación conmigo e Lacuna Inc. só existe como parte dun film. E digo por sorte porque sen as nosas memorias e recordos non seríamos quen hoxe somos, ou polo menos non saberíamos porque temos chegado ata aquí.

En Eternal Sunshine of the spotless mind (traducida como ¡Olvídate de mi!) Kate Winslet e Jim Carrey poñen os diálogos á común situación na que queremos esquecernos de todo o pasado, fora mellor ou non. Así é como por turnos acoden a unha desconcertante compañía médica que ten como ocupación principal desfacerse dos recordos das persoas. Uns impulsos eléctricos aquí e acolá no cerebro e un xa non volve saber nunca máis da súa muller, do seu can ou do seu fillo. Os recordos mentais desaparecen pero tamén o fan os físicos, a medida que avanza o tratamento un desfaise de todo aquelo relacionado co pasado e incluso os amigos reciben a orde inexcusable de non decir ao afectado que está a realizar este cambio na súa vida.

O problema xurde cando un realmente non quere esquecer o pasado e se dá conta demasiado tarde de que todo está sendo consumido por un furado negro. ¿Que facer nese caso? ¿Como recuperar, polo menos na nosa memoria, á persoa que tanto amamos? Dunha maneira aínda máis surrealista que o propio planteamento da película, Joel Barish (Jim Carrey) e Clementine Kruczynski (Kate Winslet) recórdannnos que moitas veces a vontade de aferrarse a alguén, ou ao seu recordo, de maneira consciente ou non, é moito máis poderosa que as circunstancias.



Ficha Técnica (La Butaca)

Dirección: Michel Gondry.
País: USA.
Año: 2004.
Duración: 108 min.
Xénero: Comedia romántica.
Interpretación: Jim Carrey (Joel Barish), Kate Winslet (Clementine Kruczynski), Kirsten Dunst (Mary Svevo), Mark Ruffalo (Stan), Elijah Wood (Patrick), Tom Wilkinson (Dr. Howard Mierzwiak), Thomas Jay Ryan (Frank), Jane Adams (Carrie), David Cross (Rob), Ryan Whitney (Joel joven), Lola Daehler (Clementine joven).
Guión: Charlie Kaufman; basado nun argumento de Michel Gondry, Charlie Kaufman e Pierre Bismuth.
Produción: Steve Golin y Anthony Bregman.
Música: Jon Brion.
Fotografía: Ellen Kuras.
Montaxe: Valdís Óskarsdóttir
Deseño de producción: Dan Leigh.
Dirección artística: David Stein.
Vestiario: Melissa Toth.

No hay comentarios:

Publicar un comentario