domingo, 12 de marzo de 2023

Inhalación

Volver ao lugar onde os cheiros nos atravesan a pituitaria e colonizan a razón.
Cada inhalación a auga prometida que bendice a nosa gorxa erma.
Pechar os ollos. Volver abrilos e que nada exista máis.
Non hai cheiro nin gusto.
A memoria foi só ilusión.
Fumos, somos e seremos só a suma de aquelo que vivimos e que nunca puidemos gozar.
Museo MEGA, A Coruña, xuño de 2022

viernes, 30 de septiembre de 2022

Ilusión de cor

Días grises, pulsións multicolor.
Vibracións e acordes azuis, pintados á man só para profanos.
Horas, minutos e segundos que se atoran no esternón.
Explotan os átomos de osíxeno, tinxindo de vermello cada pensamento.
Ritmos e pausas que se enganchan en cada pincelada.
O lenzo que é a rutina precisa de cada Mi sostido para darlle sentido ás agullas do reloxo.
Unha de cada doce voltas o cuco queda sen voz.
Tamén a el lle explotou a razón.

30 de setembro de 2017

domingo, 4 de septiembre de 2022

Se vende

Non, nin a morte nos iguala. Non importa cantas veces nolo quixeran facer crer. 
Nacemos descastadas, morremos descastadas.
Cemiterio de Pereiró, Vigo, 31 de xullo de 2021

sábado, 27 de agosto de 2022

Exhalación

Cada latexo, cada inspiración.
Cada mirada, cada vibración.
Cada segundo no que quedamos sen alento.
Cada pestanexo.

Non precisamos máis ca un suspiro para recordarmos que seguimos vivas.
Aínda.

sábado, 23 de julio de 2022

Respirar

De todas as horas que aquí nos damos, cantas nos adicamos solamente a respirar?

Non é que non sexa esta unha función básica para a supervicencia humana, porén, é posible que haxa outras moitas (case) igual de importantes? 

Non se trata de deixar grandes legados a quen virá despois. Nin tampouco en esperar placas no limiar da porta porque fomos grandes homes e mulleres para a sociedade. 

Cecais, e só cecais, estar vivas consista en sacar o mellor de cada día sen agardar nada a cambio. Sabendo que o fixemos o mellor que sabíamos e tan ben como puidemos. Deixándo todo un pouquiño mellor do que o atopamos. Pois, a fin de contas, a todas nos han de comer os bechos.

E ata entón, seguir adiante sen esquecernos de respirar, por suposto.
Tarsis representada na rosa dos ventos da Torre de Hércules, A Coruña (3/06/2022)

sábado, 6 de febrero de 2021

Reflectar

Imos (pola vida) tan axiña, con tanta velocidade, que cando paramos cremos morrer. Recibimos tan forte golpe á nosa inercia que nos fai sangralo nariz e nos deixa sen pulso. 

Por iso cada vez que nos atrevemos a deter ese bólido que é a nosa humanidade trememos, transpiramos e cremos ver dobre. Multiplícanse as pantasmas que non nos deixan durmir, amontónansenos esas débedas que non se poden pagar con cartos. 

Mais nada diso é tal. Todo é froito da nosa ignorancia. Descoñecemos a quen vive ben dentro de nós. Daquela, cando nos detemos, aínda que só sexa un segundo, enfrontamos quen somos. Para ben ou para mal. Estamos dispostos a mirarnos nese espello? Temos o que hai que ter para enfrontarnos a quen nos devolve un sorriso maníaco?

O que fagamos nesa pausa, nesa rebelión contra a voráxine da modernidade será o que determine o noso futuro, os nosos seguintes azos na vida.

E nese intre, máis ca nunca, tamén nos preguntamos se todo isto mereceu a pena. 





lunes, 21 de agosto de 2017

Omnes feriunt,


ultima necat [1]




Cementerio particular de Santo Tomé de Freixeiro, Vigo
17/08/2017




[1] Atribuida a Séneca el Viejo