Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de septiembre de 2022

Ilusión de cor

Días grises, pulsións multicolor.
Vibracións e acordes azuis, pintados á man só para profanos.
Horas, minutos e segundos que se atoran no esternón.
Explotan os átomos de osíxeno, tinxindo de vermello cada pensamento.
Ritmos e pausas que se enganchan en cada pincelada.
O lenzo que é a rutina precisa de cada Mi sostido para darlle sentido ás agullas do reloxo.
Unha de cada doce voltas o cuco queda sen voz.
Tamén a el lle explotou a razón.

30 de setembro de 2017

jueves, 7 de junio de 2012

Bilingüísmo Harmónico

Olvidei o que era chegar a un lugar novo e que ninguén, voluntariamente, te entendera. 
Esquecín o vacío (social) do recén chegado.
 Eliminei do recordo os primeiros intentos de comunicación infructuosos e atesourei o redondear na punta da lingua de palabras novas.
 Sílaba tras sílaba forxei coñecemento e experiencia nun idioma novo. 
 Preferín esquecer os desaires cervatinos aos meus verbos mal conxugados en tempos compostos. Supereino con lectura incesante e paixon por aprender.
 Na memoria só queda o camiño e o logrado, un bilingüísmo o suficientemente harmónico como para facerme unha cidadá feliz.  


Exercicio do Obradorio de Escritura Creativa, Vigo, 28/05/2012

martes, 22 de mayo de 2012

InEmigrante

Chegamos e había nubes, choiva, humidade.
(A)sentamos e parou de barruzar.
Lorenzo dixo "Boas Tardes",
así entendemos porqué a herba mollada
recendía como unha nova vida

Brotaron frores na nosa fiestra.
Alimentámolas de sorrisos e ilusións,
pero máis cedo ca tarde anegouse o ceo de trebóns.
Os lóstregos non deixaron tempo para respirar.

Afogaron as frores. Afogaron os risos.
O verde tornouse balorento.
A esperanza volvía estar lonxe da casa.


(Ejercicio de creatividad en verso, Taller de Escritura Creativa impartido por Francisco Castro, Vigo, 21/05/2012)

domingo, 10 de octubre de 2010

Nocturno I

A vida non ten sentido, nunca o ten. É só unha coleción de momentos que unimos con saliva, soños e pestanexos pensando que así será moito máis doado seguir respirando. (Como nos enganamos)

viernes, 26 de febrero de 2010

Su-Realizada (InvoluciónII)

Améncelle o día
sentada no cantil da insanidade
mirando sen ver
oíndo sen escoitar
pensando sen sentir.

As noites soñadas sen dumir
paren eclipses de mar recorrentes.
As mareas da madrugada
deixan ás sereas sen folgos
vólvenas estatuas de sal.

Os amantes fugaces das noites impares
só producen dislexia emocional
cando o martes 13
cae en 14.