sábado, 30 de mayo de 2009

El Experimento (Das Experiment)


-->
Que Homo homini lupus,(O home é un lobo para o home) xa nolo adiantaba Tito Marcio Plauto en Asinaria e logo popularizaba Tomas Hobbes en Leviatán pero con este filme queda máis que aclarado. A historia comeza con un taxista eventual, cuxa verdadeira vocación parece ser o xornalismo, que contesta a un anuncio de periódico no que se buscan:
suxeitos para un experimento.Gaña 4000 marcos con un experimento de 14 días nunha prisión simulada
Chamándolle a atención o proxecto e planteando vender a reportaxe a The Reporter o taxista-xornalista encuberto vese envolto nun experimento que (sen ser nunca mencionado deste xeito) remite á experiencia realizada na Facultade de Psicoloxía de Stanford (Estados Unidos) en 1971. Os participantes serán divividos en dous grupos: celadores e prisioneiros e cada un deles deberá adaptarse aos novos roles que lles serán asignados. Vixiados por un circuíto cerrado de cámaras só se lles indica unha norma: en ningún caso se pode facer uso da violencia física. Dende ese punto de partida, os integrantes vivirán 14 días nun cárcere simulado baixo as dependencias dunha facultade universitaria alemá. O único problema co que non contaban os investigadores é que os patróns dispostos para os últimos días da investigación se desenvolveran nos dous primeiros, levando a un desenlace apoteósico.
Ficha técnica de La Butaca.net
Dirección: Oliver Hirschbielgel.
País: Alemania.
Año: 2001.
Duración: 120 min.
Interpretación: Moritz Bleibtreu (Tarek Fahd. Prisionero nº.77), Maren Eggert (Dora), Christian Berkel (Steinhoff. Prisionero nº.38º), Justus von Dohnanyi (Guardián Berus), Oliver Stokowski (Schütte. Prisionero nº.82), Timo Dierkes (Guardián Eckert), Nicki von Tempelhoff (Guardián Kamps), Antoine Monot Jr. (Guardián Bosch), Wotan Wilke Möhring (Joe. Prisionero nº.69), Andrea Sawatzki (Dra. Jutta Grimm), Edgar Selge (Profesor Dr. Klaus Thon), Polat Dal (Prisionero nº.40), Stephan Szasz (Prisionero nº.53), Danny Richter (Prisionero nº.21), Ralf Müller (Prisionero nº.15), Markus Rudolf (Prisionero nº.74), Peter Fieseler (Prisionero nº.11), Thorsten Dersch (Prisionero nº.86), Sven Grefer (Prisionero nº.94), Lars Gärtner (Guardián Renzel), Markus Klauk (Guardián Stock), Ralph Püttmann (Guardián Amandy), Philipp Hochmair (Lars), André Jung (Ziegler), Uwe Rohde (Hans).
Guión: Mario Giordano, Christoph Darnstädt y Don Bohlinger; basado en la novela 'The experiment - Black box'.
Producción: Norbert Preuss, Marc Conrad y Fritz Wildfeuer.
Música: Alexander van Bubenheim.
Fotografía: Rainer Klausnabb.
Montaje: Hans Funck.
Dirección artística: Andrea Kessler.
Vestuario: Claudia Bobsin.
Decorados: Uli Hanisch.
Con imaxes roubadas da prisión rodadas por uns lentes dignos de calquer super-espia que se precie, o protagonista, a quen lle é asignado o rol de prisioneiro, tenta transmitirnos as sensacións que se viven dentro da prisión. A maior parte do que ve o espectador percíbeo a través do nº77, o número que lle asignan a este xornalista encuberto. Ás imaxes por el rodadas súmanse as do circuíto cerrado de vixilancia (diurno e nocturno) mediante a cal os doutores controlan a marcha do experimento. Deste xeito é como o espectador se enfronta á situación que se vive dentro deste cárcere recreado. Momentos de tensión, de medo,e de incertidume salpican todo o filme para conducirnos cara o desenlace prematuro da investigación. Os gardas deshumanízanse, os presos comezan a sufrir cadros depresivos e os doutores perden todo o control que en un primeiro momento puideran exercer sobre os integrantes. Integrantes que foran escollidos pola súa estabilidade mental, que podían abandonar o proxecto con total liberdade e que foran advertidos en todo momento de que podían chegar a enfrontarse e situacións extremas.
Ver esta obra é enfrontarnos ao medo común de que en cada un de nós habite un pequeno e escuro dictador. A que en calquera momento, a persoa máis corda poida sentirse presionada por roles de grupo e asumir unha personalidade violenta, sádica e vexatoria que non ten nada que ver coa súa actitude habitual pero si co novo entorno no que foi inserida artificialmente. O experimento de Stanford fora realizado para analizar se os membros dos campos de concentración nazis simplemente profesaban obedencia cega ou tiñan unha implicación persoal na masacre xudia, queríase comprobar se algo así podería suceder en Estados Unidos. Esa primeira experiencia tamén foi, como no filme, suspendida por sobrerreacións dos seus integrantes. Outras moitas investigacións intentaron descubrir un patrón que guíase estas actitudes pero todas tiveron que ser canceladas por motivos similares ou non chegaron a dar datos concluentes. Só un, quizás, a pouca humanidade das mesmas probas, que hoxe se consideran contrarias aos dereitos humanos.
Podemos atopar en outras obras alusións a situacións parecidas:
-La Ola (Die Welle) (Alemania, 2008)
-El Señor de las Moscas (William Golding, 1954) Contén spoilers da trama do libro

No hay comentarios:

Publicar un comentario