Atopei La Historia de Paco (Larry Heinemann, 1988. National Award Prize do mesmo ano) de casualidade nunha estantería da casa de meus pais. A literatura sobre a Guerra de Vietnam leva un tempo chamándome a atención, sobre todo dende que lin El americano impasible (Graham Greene,1955) e Nada y así sea(Oriana Fallaci, 1979) Así que sen ler a contraportada decidín darlle unha oportunidade.
Paco Sullivan é o único supervivinte do seu batallón, que desapareceu (nin rastro quedou del) unha noite na xungla. A Paco tamén o deron por morto e non foi ata varios días despois que o atoparon as tropas médicas de Estados Unidos, crendoo máis cadáver que outra cousa. Cando o que quedaba do soldado estaba no hospital de campaña, aínda en Vietnam, ninguén cría nas súas posibilidades, ninguén lle auguraba futuro. Pero tívoo. Sobreviviu a aquilo que ningún dos seus compañeiros puido evitar e tamén á convalecencia. Agora, no tempo en que sucede a novela, Paco está de volta en Estados Unidos, disposto a reincorporarse á vida de civil. Nada máis lonxe do posible.
O narrador é un dos compañeiros mortos do batallón. El fálanos de Paco, de cando aínda os dous eran soldados, rapaces recén saídos do instituto que eran mandados a Vietnam sen saber a onde ían, obrigados a converterse en homes ou en mortos. Condenados a pasar doce meses entre palmeiras e vietcongs pola honra da súa nación, con sorte volverían ás súas casas, coas súas noivas, tras esa angustiosa experiencia, pero xa non serían eles nunca máis. E iso é o que lle pasa a Paco. Non só está lisiado,non é só a dor o que o atormenta. É a pregunta de ¿por que eu?, a cal tamén se fan todos os seus compañeiros mortos. Son tamén as miradas de todos e cada un dos veciños de Boone, o que din e o que calan respecto de Paco. E iso sen esquecer as fantasías que poboan a mente de todas as rapazas ben acomodadas coas que o ex-soldado se topa unha vez no seu país. Todas estas mulleres que ven en Paco un amante especial, imaxinan como pode comportarse un tullido coma el na cama e recreanse en facerllo saber con pouco disimulo para logo temelo polo que é.
La historia de Paco é un relato vivo, soez, descarnado, duro e sen complexos que nos fala non dos caídos en combate, os únicos que xa non teñen nada que dicir, senón daqueles que, como Paco, camiñan no limbo. Non están mortos pero tampouco lles queda nada polo que estar vivos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario