jueves, 3 de septiembre de 2009

Night Shift-Stephen King

Título orixinal: Night Shift
Autor: Stephen King
Ano de publicación da primeira edición:1978
Editorial:New English Library
Ano da edición consultada:1991


Atopámonos aquí ante a primeira colección de relatos de Stephen King. A maior parte destas vinte historias foran publicadas en revistas como Cavalier Magazine, Ubris, Penthouse ou Cosmopolitan. Tres delas: Jerusalem's Lot, Quitters, Inc. e The last rung on the ladder non foran publicadas ata o momento.

Xa dende o limiar, un limiar que podemos considerar extenso debido ás súas quince páxinas, se nos adianta o que nos espera se nos introducimos nas profundidades do libro: terror cotidiano, o pánico que dorme nas cousas máis comúns da vida diaria: a lavandería, o cortacespedes, unha lata de cervexa en mal estado... E o autor é o primeiro en avisarnos de que pese a que nin vampiros, mortos viventes ou alieníxenas existen, o ser humano sempre ten ese medo á escuridade que non confesa , que o converterse adulto non nos alonxa do terror infantil ao monstro do armario.

At night, when I go to bed , I still am at pains to be sure that my legs are under the blanket after the lights go out. I'm not a child any more but... I don't like to sleep with one leg sticking out. Because if a cool hand ever reached out from under the bed and grasped my ankle, I might scream. Yes, I might scream to wake the dead. That sort of things doesn't happen, of course, and we all know that. In the stories that follow you will encounter all manner of night creatures; vampires, demon lovers, a thing that lives in the closet, all sorts of other terrors. None of them are real. The thing under my bed waiting to grab my ankle isn't real. I know that, and I also know that if I'm careful to keep my feet under the covers, it will never be able to grab my ankle.
Páxinas 5 e 6.

Podemos dividir os relatos en dous tipos: con compoñente sobrenatural por unha banda e pola outra historias de homes e mulleres que non se enfrontan a nada do outro mundo excepto á profundidade e escuridade da súa propia mente. Ambas categorias serven para catalogar os relatos pero en todas hai un común; os incidentes que desencadean o clímax das historias poderían sucedernos a calquera de nós en calquer momento. Os feitos que se nos relatan son tan absurdamente cotiás que xeran arrepíos por eso mesmo. Nunca deixar de fumar resultara tan traumático como cando King se decidiu a novelalo ou contratar a un home que nos corte o cespede tivo tan tráxicas consecuencias (Quiters,Inc. e The Lawnmower man)

Non todos os relatos teñen a mesma intensidade e algúns deles deixannos coa sensación de que podería sacarse máis da idea principal ou chegamos moi axiña a descubrir o desenlace. Mentras tanto, outros fan case imposible conciliar o sono sen mirar antes baixo a cama e dentro do armario. Non obstante atopámonos ante a primeira colección do autor, o que pode explicar certas "fraquezas" se o comparamos con traballos posteriores e, por tanto, máis maduros.

Como conclusión, podemos decir que ler Night Shift merece a pena aínda que tan só sexa polo gusto masoquista que algúns temos de ser asustados polo monstro do armario de vez en cando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario