Co tempo acabas chegando a conclusións sobre o que te rodea. Acertadas ou non. Coherentes ou irracionais. Pero acabas formándote unha imaxe da realidade na túa cabeza. Unha imaxe que non ten porque ser a mesma do que está a suceder enfronte da túa pupila.Brillan luces e cores que ninguén pintou aínda. No teu maxín resonan sons que non se corresponden coa acústica do entorno. E a ti gústache así. Poder falar sentindo como redondeas na punta da lingua palabras esquecidas, pintar cos dedos paisaxes que nunca existirán.
Non obstante sexa como sexa un día tes que aceptar que chegou o momento de poñer os lentes que corresponden ás dioptrías diagnosticadas, neste caso a maioría de idade legal. A outra solución é só finxir que os pós, pero ti saberás se aceptas os riscos deste reto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario