Mostrando entradas con la etiqueta Stephen King. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Stephen King. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de febrero de 2010

"Clic"


-->
Non é tan difícil perder o control. Non son tan poucas as probabilidades de que nos suceda a calquera de nós. O número de sociópatas no mundo globalizado de hoxe non é tan pequeno, parece que aumenta proporcionalmente, como mínimo, ao crecemento da poboación. ¿Que sucede dentro da nosa cabeza? ¿En que parte do cerebro se esconde o problema que desencadea o tsunami? ¿Somos todos potenciais asasinos en serie e non o sabemos? Parece que todos camiñemos pola vida con un detonador escondido dentro da cabeza, ben profundo, alí onde non podemos chegar nin querendo. E de súpeto, un día, algo, alguén, poida que sen querer, atopa o noso botón vermello e desata á fera. E ruximos. Ou non. Calamos e observamos. E logo actuamos. Sen falar sequera. Sen dar a máis mínima explicación. E nada pode deternos, ninguén se atreve a intentalo. Só nos parará unha andanada de balas disparadas dende posicións vantaxosas ás que o noso rifle, a nosa pistola, nunca poderá chegar. Aí acaba todo. Despois virán os titulares, os especiais de televisión, os psicólogos que nunca falaron con nós e nos coñecen como se nos parisen. Pasaran os anos e farán películas, libros e cancións sobre o noso caso. O mercado non ten piedade nin conciencia.
Se alguén preguntara á xente que nos rodeaba, esta aseguraría que eramos persoas “normais”. ¿Quen diaños é normal cando un día esperta e decide que vai matar a todos os que viven no seu bloque de edificios? Nos medios falarase de familias desestruturadas, de tensións internas, de abusos cando un era neno que deixaron unha pegada invisible. E pese a todo ninguén saberá que foi o que sucedeu dentro da nosa cabeza. Ninguén chegará a coñecer que fixo sonar ese “clic” que cambiou o noso mundo e o transformou nunha tormenta vermella. Especularase. Disertarase. Discutirase o tema. Pero aínda agora, xa na segunda década do século XXI, non sabemos porqué sucede. Non sabemos se é a acumulación de medos e danos ou un simple curtocircuíto mental que nos funde os miolos unha noite. Dende sempre houbo xente que unha mañá decidía facer desaparecer da terra a todos aqueles que consideraba non merecían estar nela. Tamén houbo quen nunca se sentiu parte do grupo, do mundo en que alguén alleo decidiu que lle tocara vivir, e preferiu abandonalo antes de tempo, pero sen levar a ninguén máis por diante. Pero nunca como agora, como dende o século XX, se xuntaran as vontades desquiciadas con unha tecnoloxía que multiplicase por cen o resultado dos seus actos e nos deixasen sen as xeracións máis novas, aquelas que se supoñía ían ser os líderes do mañá. Podemos botarlle a culpa ao stress, á vida moderna, ás presións por ser os mellores en todo momento, sobre calquera outro, á falta de atención dos nosos pais, á necesidade de vivir nun grupo e ao mesmo tempo ser o líder del. Podemos alegar cento e un motivos, pero o máis seguro é que nos esteamos enganando, divagando sen chegar ao punto clave. E é que en calquera momento, en calquera de nós, pode soar ese “clic” que de seguro nos condenará.
La locura comienza cuando uno ya no puede ver las suturas que mantienen unido al mundo

(Rabia, Stephen King)

Jeremy- Pearl Jam 

jueves, 3 de septiembre de 2009

Night Shift-Stephen King

Título orixinal: Night Shift
Autor: Stephen King
Ano de publicación da primeira edición:1978
Editorial:New English Library
Ano da edición consultada:1991


Atopámonos aquí ante a primeira colección de relatos de Stephen King. A maior parte destas vinte historias foran publicadas en revistas como Cavalier Magazine, Ubris, Penthouse ou Cosmopolitan. Tres delas: Jerusalem's Lot, Quitters, Inc. e The last rung on the ladder non foran publicadas ata o momento.

Xa dende o limiar, un limiar que podemos considerar extenso debido ás súas quince páxinas, se nos adianta o que nos espera se nos introducimos nas profundidades do libro: terror cotidiano, o pánico que dorme nas cousas máis comúns da vida diaria: a lavandería, o cortacespedes, unha lata de cervexa en mal estado... E o autor é o primeiro en avisarnos de que pese a que nin vampiros, mortos viventes ou alieníxenas existen, o ser humano sempre ten ese medo á escuridade que non confesa , que o converterse adulto non nos alonxa do terror infantil ao monstro do armario.

At night, when I go to bed , I still am at pains to be sure that my legs are under the blanket after the lights go out. I'm not a child any more but... I don't like to sleep with one leg sticking out. Because if a cool hand ever reached out from under the bed and grasped my ankle, I might scream. Yes, I might scream to wake the dead. That sort of things doesn't happen, of course, and we all know that. In the stories that follow you will encounter all manner of night creatures; vampires, demon lovers, a thing that lives in the closet, all sorts of other terrors. None of them are real. The thing under my bed waiting to grab my ankle isn't real. I know that, and I also know that if I'm careful to keep my feet under the covers, it will never be able to grab my ankle.
Páxinas 5 e 6.

Podemos dividir os relatos en dous tipos: con compoñente sobrenatural por unha banda e pola outra historias de homes e mulleres que non se enfrontan a nada do outro mundo excepto á profundidade e escuridade da súa propia mente. Ambas categorias serven para catalogar os relatos pero en todas hai un común; os incidentes que desencadean o clímax das historias poderían sucedernos a calquera de nós en calquer momento. Os feitos que se nos relatan son tan absurdamente cotiás que xeran arrepíos por eso mesmo. Nunca deixar de fumar resultara tan traumático como cando King se decidiu a novelalo ou contratar a un home que nos corte o cespede tivo tan tráxicas consecuencias (Quiters,Inc. e The Lawnmower man)

Non todos os relatos teñen a mesma intensidade e algúns deles deixannos coa sensación de que podería sacarse máis da idea principal ou chegamos moi axiña a descubrir o desenlace. Mentras tanto, outros fan case imposible conciliar o sono sen mirar antes baixo a cama e dentro do armario. Non obstante atopámonos ante a primeira colección do autor, o que pode explicar certas "fraquezas" se o comparamos con traballos posteriores e, por tanto, máis maduros.

Como conclusión, podemos decir que ler Night Shift merece a pena aínda que tan só sexa polo gusto masoquista que algúns temos de ser asustados polo monstro do armario de vez en cando.