martes, 26 de octubre de 2010

Wish list

Quero un can verde e outro gato negro. Quero un novo e remodelado portal espazo-temporal. Quero estar aí e non aquí. Quero correspondencia tradicional e que o carteiro chame, polo menos, tres veces á porta do St. Th. Quero unha aperta que dure eóns. Quero unha toalla nova (a vella non serve nin para vendar feridas imaxinarias) . Quero levarte ao lugar onde vive a maxia e que iso non sexa Disneyland París. Quero ser unha princesa, pero só o tempo suficiente para mercar un vestido rosa, romper e mil anacos a miña tiara e botar de menos o fregar os pratos. Quero unha cámara de fotos que non detecte sorrisos (esa ferramenta non serve de nada cando sempre estamos finxindo). Quero ser quen garde o teu segredo máis escuro (despois de todo ti xa coñeces o meu). Quero mesturar a auga con aceite e facer delo unha pócema máxica que nos volva imbatibles. Quero pasar outro verán agardando avións, pero esta vez con final feliz. Quero ser a última persoa na que alguén pense antes de adormecer e a primeira ao espertar. Quero máis estracións de Adif-Renfe e pastillas Juanola no traxecto Santiago-Vigo, pero non quero facer ese camiño un 8 de Maio. Quero durmir sen soñar, ou soñar sen durmir (a orde dos factores non (me) altera os resultados). Quero recordar como se fan ecuacións de segundo grao sen necesitar manual de instrucións. Quero prender a fogueira de San Xoán no Cabo Norte e empregar como combustible o dicionario da RAG. Quero saltala 9 veces e que iso signifique que os demos non me sacarán danzar a madrugada do 24 (como xa tantas veces me sucedeu). Quero volver a Noruega e quedarme a vivir cos trolls, son feos e vai frío, pero non é unha opción tan descarriada como as que me levo imaxinando meses. Quero ter o pelo longo de novo e poder facer trenzas que me quenten as orellas. Quero poder comer xeado de vainilla con chocolate quente por riba (en Decembro). Quero facerme unha cunca de café con leite ben quente ao chegar das clases de Danés e tomala a sorbos ben curtos na compañía de Tad Williams. Quero deixar de roer as uñas e todos os meus outros malos vicios. Quero martes no Momo. Quero zulos de Avid. Necesito Ramón Cabanillas e poder volver decir (crendoo de verdade) que existir mola. Quero cre(ce)r. Quero regalar chocolates e compartir lakrids con quen teña o valor suficiente e se atreva. Quero que neve en Aalborg e tamén en Vigo. Quero volver falar galego o 99% das 26 horas dos meus días.

Quero ter unha variña máxica que cumpra os vosos desexos, os meus todos poden seguir agardando 8 meses máis.



7 comentarios:

  1. Me ha gustado mucho dos frases.

    ResponderEliminar
  2. o tres o cuatro, pero hay algunas palabras que no entiendo y no puedo opinar mas sobre ellas.

    ResponderEliminar
  3. Yo creo que no podría dormir en Cabo Norte. Cuando por la noche hay luz, en el día de San Juan. Aunque no lo puedo saber si no voy, verdad?
    Tiene que ser impresionante los fiordos.

    ResponderEliminar
  4. Mónica: la noche de San Juan no es para dormir, sea en Cabo Norte o en el de Buena Esperanza... pero tienes razón,hasta que no se va allí, no se puede saber... eterna incertidumbre...

    ResponderEliminar
  5. Habría que ir para descubrir el secreto, no crees?

    ResponderEliminar