lunes, 11 de junio de 2012

Sala de espera

Todo se movía paseniño, segundo a segundo. Sen présa e con moitas pausas para coller folgos. Pero chegou un día no que Manolo decidiu cambiar de estratexia. Ergeuse, xurou mentando a cantos santos recordaba, e prendeulle lume ao pasado.

09/10/2011

jueves, 7 de junio de 2012

Bilingüísmo Harmónico

Olvidei o que era chegar a un lugar novo e que ninguén, voluntariamente, te entendera. 
Esquecín o vacío (social) do recén chegado.
 Eliminei do recordo os primeiros intentos de comunicación infructuosos e atesourei o redondear na punta da lingua de palabras novas.
 Sílaba tras sílaba forxei coñecemento e experiencia nun idioma novo. 
 Preferín esquecer os desaires cervatinos aos meus verbos mal conxugados en tempos compostos. Supereino con lectura incesante e paixon por aprender.
 Na memoria só queda o camiño e o logrado, un bilingüísmo o suficientemente harmónico como para facerme unha cidadá feliz.  


Exercicio do Obradorio de Escritura Creativa, Vigo, 28/05/2012