jueves, 23 de septiembre de 2010

A película de gansgters que todos quixemos facer: À bout de souffle

O cine imita á vida, quérenos facer crer que unha vez sentamos na butaca, diante da pantalla, todo o que nos ensina é real, ou podería ser real. Os espectadores, cando compramos a nosa entrada aceptamos ese contrato, confiamos en que durante a hora e media que dure o filme o que vemos é real, é a vida doutras persoas, observada sen pudor algún, pero sen nunca poder ser descubertos polos protagonistas. Pero a vida tamén imita ao cine, en certa maneira todos queremos que a nosa historia sexa a mesma que a de aqueles a quen vemos sorrir e chorar dende o asento. Non obstante tanto na realidade ficcionada do cine, como no que sucede a este lado da pantalla, as cousas non son sempre como queremos que sexan. Porque a vida é, en demasiados casos, moi puta. E como imitación do real, no cine tamén as personaxes ás que idolatramos as pasan negras.

Godard, un dos máis destacados directores e críticos de cine da Nouvelle Vague francesa, sabía desta tendencia de reproducir no celuloide o que sucede día tras día aos homes, de amosar a súa vida tal e como é, tentando ficcionar o mínimo posible. Pero el quería ir máis alá. Moito máis. Este director e crítico pretendía facer cine dentro do cine. Amosar aos espectadores, a eses que estaban dispostos a probar novas experiencias fílmicas con selo nacional, que non todo no cine se resumía ao que xa se vira ata o momento. À bout de souffle, ópera prima deste francés, non é máis que o intento dun crítico-cineasta, ou dun cineasta crítico, de darlle outra volta máis á produción americana que xa levaba tempo introducida no vello continente. De presentar a, xa ben mastigada polo público internacional, historia de gangsters americanos, pero á francesa. E iso é o que fai. Pero coma sempre, á súa maneira, que se corresponde a el mesmo e a ninguén máis.

Como en toda película de cine noir que se prece hai un heroe, unha dama, e persecucións policiais nos baixos fondos dun París que recorremos en coche cos protagonistas. Pero neso se queda o parecido coa hampa estadounidense. Porque o noso heroe ten máis de eterno perdedor que de salvador de damiñas desvalidas. E Jean Seberg preséntanos a unha rapaciña americana en París que se dedica a vocear o New York Herald Tribune polas rúas mentres tenta chegar a ser xornalista. As persecucións vólvense máis cómicas que tráxicas ao ver como dous policías perseguen ao noso protagonista sen dalo detido ata que intervén de volta a man, non demasiado inocente, da nosa damiña. Jean-Paul Belmondo, caracterizado aquí con varios nomes, como gangster que se prece, tenta ser como o seu ídolo. Non quere ser só un Humphrey Bogart no estilo, no seu xesto máis representativo de tocar os beizos, ou no cigarro que colga sempre dunha esquina da súa boca, non. Belmondo, Kovacs ou Poicard, tenta ser o personaxe que a vida real non lle deixou interpretar na súa obra vital. Este perdedor creouse unha imaxe do que quere ser, porque a vida sen un guión que seguir e que desemboque nun final abrupto tende a ser bastante insulsa. Ou iso debe crer el cando é que pasa todo o filme buscando a alguén non especificado que lle debe diñeiro e cometendo delito tras delito mentres fuma e tenta deitarse con Patricia (Seberg), quen tampouco ten claro que é o que quere de Poicard, do seu traballo ou da vida. Ningún dos personaxes que aparece neste filme sabe realmente que está buscando, só sabe que aínda non o atopou, e que debe seguir procurándoo ata o final. Un final que non deixa de ser para Poicard, e as súas múltiples e delitivas personalidades, tan tráxico e buscado como o propio de toda historia de delincuentes que decidan arriscarse a ir contra a lei.

Pero À bout de souffle non é só unha revisión do mito do maleante que remata por toparse coa xustiza implacable. Este primeiro filme de Godard é tamén unha nova maneira de rodar, de empregar os recursos técnicos propios da época e, por qué non, de facer cine. Non se trata só de que para a rodaxe da cinta se cambiaran os estudios por unha gran presenza de exteriores, ou que as cámaras fixas foran substituídas por lixeiras cámaras que os operadores empregaban sobre os ombreiros para seguir os paseos de Seberg e Belmondo polos Campos Elíseos. Non é tan só eso. Non é a presenza de travellings ou planos secuencia que semellan non ter final (exemplo paradigmático é a conversa tan profunda, e ao mesmo tempo insubstancial, que os protagonistas manteñen nunha habitación de hotel). Tampouco o é a montaxe na que se descartaron, por efecto dunha decisión deixada ao arbitrio do azar, segundo di a propia montadora, certos planos de Belmondo chamando covarde á súa compañeira mentres atravesan a cidade en coche, para así nós poder deleitarnos observando como o vento xoga no pelo curto de Seberg. Nada de eso é o máis destacable. As técnicas cinematográficas que hoxe nos resultan convencionais non son o que permaneceu de À bout de souffle a pesar do paso do tempo. O que de verdade permaneceu deste filme é a mirada única que o director bota sobre a vida e o seu transcorrer. Esa que sabemos que só Godard podía transformar en metros de celuloide.



IMDb sobre À bout de soufle

jueves, 16 de septiembre de 2010

Entonces llegó Lakoff (y nos tocó los frames)

'Si vosotros permaneciereis en mi palabra, seréis verdaderamente mis discípulos; conoceréis la verdad, y la verdad os hará libres' (Juan 8:32.) La verdad nos hará libres. Queridos amigos, la verdad nos llevará a verdes pastos donde la primavera es eterna y las rocas manan leche y miel. Donde el sol se pone solo para dar paso a una noche sin pesadillas ni temores. La verdad os hará libres, os abrirá puertas que siempre creísteis cerradas; permitirá que alcancéis cumbres nunca antes conquistadas.

Pero Jesucristo y sus acólitos no contaban con el advenimiento de George Lakoff, de su afilada prosa y agudo ingenio. De sus análisis lingüísticos, tan significativos hoy para mi: “la verdad, por si sola, no nos hará libres”. La verdad nos encadena, nos ata a un momento, a un lugar, a un contexto y a una situación en la que algo se nos revela como cierto. Pero, a diferencia del eterno salvador, el estadounidense nos dice que no hay una sola verdad, y que cada humano, para un mismo momento, tiene una respuesta muy distinta:

“[…] and what is worse is a set of myths believed by liberals and progressives. These myths come from a good source, but they end up hurting us badly. The myth began with the Enlightment, and the first one goes like this “The truth will set us free. If we just tell people the facts, since people are basically rational beings, they’ll all reach the right conclusions” But we know from cognitive science that people do not think like that. People think in frames […] to be accepted, the truth must fit people’s frames. If the facts do not fit a frame, the frame stays and the facts bounce off. […] Is it useful to go and tell everyone what the lies are? It is not useless or harmful for us to know when they’re lying. But also remember that the truth alone will not set you free”

(Lakoff, George: pp.16-18 “How to take back public Discourse” en Don’t Think of an Elephant: Know your values and Frame the Debate. 2004 *el resaltado es mío)

¿Cómo diferenciar tu verdad de la mía? ¿Cuál tiene más valor ante un jurado popular? No hay baremos para medir el valor de la verdad, pero si vemos el poder que ese concepto ejerce día a día en los temas más banales de nuestra vida. Una madre pregunta a su hijo “Dime la verdad, ¿has roto tú el jarrón?”; un amante a su amada “¿De verdad me quieres?”; un vendedor a su clienta “Se lo juro señora, este modelo es, verdaderamente, el rey de las aspiradoras”. Millones de palabras, vallas publicitarias, discursos políticos, hechos, imágenes, pies de fotos que nos manipulan, nos usan y sacan lo mejor (o peor) de nosotros bajo el halo de realidad que el uso de la palabra verdad genera. Un resplandor que nos ciega, nos impide ver que tras los más de seis mil millones de personas que hoy habitamos el planeta Tierra, como mínimo debería haber seis mil millones de verdades.

P.D.: La verdad está, definitivamente, sobrevalorada.

martes, 14 de septiembre de 2010

Sexo, drogas y amor (o lo que quiera que sea)

Necesidades. Necesidades que nos unen. Que nos separan. Necesidades que hacen que nos arrastremos en busca del siguiente polvo, de la próxima raya o del último pico. Y de fondo, una ciudad. Nunca tiene porqué ser la misma. Cualquiera nos sirve. Cualquier suburbio es el adecuado para saciar nuestros instintos más animales. El primer callejón a la derecha puede fácilmente ser la oficina donde un pulcro y aseado camello nos fíe unos cuantos gramos. Cualquier porche deslucido ser la entrada del club de alterne más cercano. Tatuajes por todo el cuerpo. Mulas y redadas. Noches en blanco o en carmesí, todo depende de que labios besemos. Usureros. Prestamistas. Inmigrantes y ex-presidiarios comparten mesa y botella de vodka. Madres alcohólicas y padres que abusan de sus hijos. El infierno a ras de suelo, humeando en el alquitrán de cualquier autopista.

En este caso la ciudad de los adictos, proxenetas y desconsolados no es otra que Aalborg. En cada fotograma de Nordkraft (Angels in Fast motion,2005) vemos reflejado el rojo ladrillo, las estrechas calles, sus típicas casas en los suburbios o la creciente industrialización. Entrar en las habitaciones, y camas, de mano de Maria, Allan o Steso (Thomas) es entrar en la vida, sentir la adrenalina correr por nuestras venas en cada chute y dejar que nuestras pupilas se dilaten, y exciten, ante las emociones que nos aguardan tras la próxima puerta. No son solo los personajes, o sus líneas las que nos transportan, sino también la propia cámara, que en todo momento sigue a los personajes, moviéndose con su palpitar. La música, toda con letra en inglés, nos empuja como una ola a la siguiente escena. Escena en la que puede que encontremos a la madre de Allan metida en la ducha con un menor de edad, a Maria intentando entender porqué vive con un camello o, quizás, al amor que todos sienten, o desearían poder sentir. Porque es, después de todo, el amor lo que los empuja, lo que los sostiene y les da fuerzas. Fuerzas para continuar, o para dar la vuelta y dejarlo todo atrás cuando parece imposible seguir hacia delante.




lunes, 23 de agosto de 2010

Para sempre é moito tempo...

O amor tamén pode perecer debido aos excesos. A excesos tan banais como unha fame incombustible ou unha imaxinación demasiado vívida e inquebrantable.


Imaxe: N. en Moaña.

jueves, 19 de agosto de 2010

Felicidade

¿Eres capaz de explicarme en que consiste a felicidade sen usar para ilo conceptos e figuras retóricas que so son aplicables no teu contexto histórico e sociocultural? Non cho creo.


Yo me inclino por la herejía de Caín. Siempre dejo que el prójimo se vaya al diablo del modo que le parezca

(El Dr. Jekyll y Mr. Hyde. Robert Louis Stevenson)

martes, 3 de agosto de 2010

Agárrame eses xoguetes!

Todos crecemos e nos facemos maiores,e iso tamén lle sucede aos personaxes das nosas historias favoritas. Tamén eles crecen, teñen os seus primeiros amores e chegan á terceira idade aínda con ganas de aventuras (tal e como víamos en Up, (2009) de Pixar). E como a todos nos sucedeu, as afeccións cambian, cambia o tempo que adicamos á nosa familia, aos nosos amigos e aos nosos xoguetes.

Toy Story 3, a última película da saga da Disney/Pixar, recolle con gran acerto ese momento dramático en que o neno protagonista da serie, Andy, debe deixar a casa materna para comezar a estudar na Universidade, e na casa quedarán tamén os xoguetes cos que compartiu anos e anos de aventuras sen límites, tal e como vemos na secuencia inicial do filme e nos dez primeiros minutos da cinta en que se nos pasan videos caseiros de Andy agarrado firmemente a Woody e Buzz. Co paso dos minutos iremos coñecendo novas personaxes e lugares que cobrarán importancia, e incluso centrarán algunhas das tramas, segundo se vai desenvolvendo a acción. Así será como se nos presente o máxico momento en que Barbie e Ken sentiron o dardo de Cupido cando os xoguetes, por obra da man do Destino, acabaron na gardería Sunnyside.


Barbie e Ken coñecéndose (esquerda) na gardería Sunnyside (dereita)

O filme podería levar o subtítulo de "a gran evasión" xa que, como nas anteriores entregas, o núcleo da historia radica en intentar volver a carón do amigo máis fiel que ata o momento tiveran estes xoguetes e o máis importante, regresando sempre todos xuntos. Non obstante, nesta ocasión, a escapada e o retorno veranse complicados ata os límites máis extremos, chegando case á compactación e incineración nun vertedoiro de residuos urbanos. A acción está asegurada dende os minutos iniciais, pero tamén o está o drama da separación, o dano psicolóxico que o abandono pode representar nos seres máis queridos e o paso á adultez.


A distrubuidora escolleu neste caso presentar a película tanto en sistema analóxico e dixital como en Disney Digital 3D, o seu sistema patentado para imaxes en tres dimensións. A versión en tres dimensións ten unha calidade exquisita e nalgúns momentos, especialmente cara o final da cinta, nunha escena en que Andy xoga con unha meniña pequena, o adolescente parece case real, as súas mans e os seus cabelos poderían ser perfectamente os dun ser humano. Non obstante, e pese a conter moitas escenas de acción, o 3D non me parece estritamente necesario para este filme. É certo que ofrece uns efectos sorprendentes e realistas, pero, probablemente, a sensación interior e a carne de galiña lograríanse igual en dúas dimensións. Ademais, non sei se me pasou só a min por usar lentes, en certos momentos sentín cansanzo e dor de cabeza mentres vía o filme, o que non sei se é normal cando se trata dun traballo en tres dimensións.


En resumo; a saga que comezara coa historia dun vaqueiro de xoguete que tiña unha cobra nas botas aló por 1995, segue de plena actualidade e ten en Toy Story 3 un broche de ouro para rematar a nenez de Andy e con elo encumbrar aos seus creadores. ¿Haberá unha cuarta?, iso nunca se sabe, é certo que a galiña dos ovos de ouro ten que deixar de poñer nalgún momento, pero poida que Disney e Pixar non pensaran aínda en botala na sopa...


Bonus: Night&Day é un corto moralista e inxenioso que se pasa antes do filme e que, tanto técnica como emocionalmente, é tamén unha delicia.