martes, 29 de septiembre de 2009

O morbo do ex-combatinte lisiado


Atopei La Historia de Paco (Larry Heinemann, 1988. National Award Prize do mesmo ano) de casualidade nunha estantería da casa de meus pais. A literatura sobre a Guerra de Vietnam leva un tempo chamándome a atención, sobre todo dende que lin El americano impasible (Graham Greene,1955) e Nada y así sea(Oriana Fallaci, 1979) Así que sen ler a contraportada decidín darlle unha oportunidade.

Paco Sullivan é o único supervivinte do seu batallón, que desapareceu (nin rastro quedou del) unha noite na xungla. A Paco tamén o deron por morto e non foi ata varios días despois que o atoparon as tropas médicas de Estados Unidos, crendoo máis cadáver que outra cousa. Cando o que quedaba do soldado estaba no hospital de campaña, aínda en Vietnam, ninguén cría nas súas posibilidades, ninguén lle auguraba futuro. Pero tívoo. Sobreviviu a aquilo que ningún dos seus compañeiros puido evitar e tamén á convalecencia. Agora, no tempo en que sucede a novela, Paco está de volta en Estados Unidos, disposto a reincorporarse á vida de civil. Nada máis lonxe do posible.


O narrador é un dos compañeiros mortos do batallón. El fálanos de Paco, de cando aínda os dous eran soldados, rapaces recén saídos do instituto que eran mandados a Vietnam sen saber a onde ían, obrigados a converterse en homes ou en mortos. Condenados a pasar doce meses entre palmeiras e vietcongs pola honra da súa nación, con sorte volverían ás súas casas, coas súas noivas, tras esa angustiosa experiencia, pero xa non serían eles nunca máis. E iso é o que lle pasa a Paco. Non só está lisiado,non é só a dor o que o atormenta. É a pregunta de ¿por que eu?, a cal tamén se fan todos os seus compañeiros mortos. Son tamén as miradas de todos e cada un dos veciños de Boone, o que din e o que calan respecto de Paco. E iso sen esquecer as fantasías que poboan a mente de todas as rapazas ben acomodadas coas que o ex-soldado se topa unha vez no seu país. Todas estas mulleres que ven en Paco un amante especial, imaxinan como pode comportarse un tullido coma el na cama e recreanse en facerllo saber con pouco disimulo para logo temelo polo que é.

La historia de Paco é un relato vivo, soez, descarnado, duro e sen complexos que nos fala non dos caídos en combate, os únicos que xa non teñen nada que dicir, senón daqueles que, como Paco, camiñan no limbo. Non están mortos pero tampouco lles queda nada polo que estar vivos.

jueves, 3 de septiembre de 2009

Night Shift-Stephen King

Título orixinal: Night Shift
Autor: Stephen King
Ano de publicación da primeira edición:1978
Editorial:New English Library
Ano da edición consultada:1991


Atopámonos aquí ante a primeira colección de relatos de Stephen King. A maior parte destas vinte historias foran publicadas en revistas como Cavalier Magazine, Ubris, Penthouse ou Cosmopolitan. Tres delas: Jerusalem's Lot, Quitters, Inc. e The last rung on the ladder non foran publicadas ata o momento.

Xa dende o limiar, un limiar que podemos considerar extenso debido ás súas quince páxinas, se nos adianta o que nos espera se nos introducimos nas profundidades do libro: terror cotidiano, o pánico que dorme nas cousas máis comúns da vida diaria: a lavandería, o cortacespedes, unha lata de cervexa en mal estado... E o autor é o primeiro en avisarnos de que pese a que nin vampiros, mortos viventes ou alieníxenas existen, o ser humano sempre ten ese medo á escuridade que non confesa , que o converterse adulto non nos alonxa do terror infantil ao monstro do armario.

At night, when I go to bed , I still am at pains to be sure that my legs are under the blanket after the lights go out. I'm not a child any more but... I don't like to sleep with one leg sticking out. Because if a cool hand ever reached out from under the bed and grasped my ankle, I might scream. Yes, I might scream to wake the dead. That sort of things doesn't happen, of course, and we all know that. In the stories that follow you will encounter all manner of night creatures; vampires, demon lovers, a thing that lives in the closet, all sorts of other terrors. None of them are real. The thing under my bed waiting to grab my ankle isn't real. I know that, and I also know that if I'm careful to keep my feet under the covers, it will never be able to grab my ankle.
Páxinas 5 e 6.

Podemos dividir os relatos en dous tipos: con compoñente sobrenatural por unha banda e pola outra historias de homes e mulleres que non se enfrontan a nada do outro mundo excepto á profundidade e escuridade da súa propia mente. Ambas categorias serven para catalogar os relatos pero en todas hai un común; os incidentes que desencadean o clímax das historias poderían sucedernos a calquera de nós en calquer momento. Os feitos que se nos relatan son tan absurdamente cotiás que xeran arrepíos por eso mesmo. Nunca deixar de fumar resultara tan traumático como cando King se decidiu a novelalo ou contratar a un home que nos corte o cespede tivo tan tráxicas consecuencias (Quiters,Inc. e The Lawnmower man)

Non todos os relatos teñen a mesma intensidade e algúns deles deixannos coa sensación de que podería sacarse máis da idea principal ou chegamos moi axiña a descubrir o desenlace. Mentras tanto, outros fan case imposible conciliar o sono sen mirar antes baixo a cama e dentro do armario. Non obstante atopámonos ante a primeira colección do autor, o que pode explicar certas "fraquezas" se o comparamos con traballos posteriores e, por tanto, máis maduros.

Como conclusión, podemos decir que ler Night Shift merece a pena aínda que tan só sexa polo gusto masoquista que algúns temos de ser asustados polo monstro do armario de vez en cando.

domingo, 14 de junio de 2009

Estadísticamente haberá que gañar algunha vez


"[...]Uno es valiente cuando, sabiendo que ha perdido ya antes de empezar, empieza a pesar de todo y sigue hasta el final pase lo que pase. Uno vence raras veces, pero alguna vez vence"


Matar un ruiseñor-Harper Lee


Aalborg, Dinamarca, outono 2010


viernes, 12 de junio de 2009

sábado, 30 de mayo de 2009

El Experimento (Das Experiment)


-->
Que Homo homini lupus,(O home é un lobo para o home) xa nolo adiantaba Tito Marcio Plauto en Asinaria e logo popularizaba Tomas Hobbes en Leviatán pero con este filme queda máis que aclarado. A historia comeza con un taxista eventual, cuxa verdadeira vocación parece ser o xornalismo, que contesta a un anuncio de periódico no que se buscan:
suxeitos para un experimento.Gaña 4000 marcos con un experimento de 14 días nunha prisión simulada
Chamándolle a atención o proxecto e planteando vender a reportaxe a The Reporter o taxista-xornalista encuberto vese envolto nun experimento que (sen ser nunca mencionado deste xeito) remite á experiencia realizada na Facultade de Psicoloxía de Stanford (Estados Unidos) en 1971. Os participantes serán divividos en dous grupos: celadores e prisioneiros e cada un deles deberá adaptarse aos novos roles que lles serán asignados. Vixiados por un circuíto cerrado de cámaras só se lles indica unha norma: en ningún caso se pode facer uso da violencia física. Dende ese punto de partida, os integrantes vivirán 14 días nun cárcere simulado baixo as dependencias dunha facultade universitaria alemá. O único problema co que non contaban os investigadores é que os patróns dispostos para os últimos días da investigación se desenvolveran nos dous primeiros, levando a un desenlace apoteósico.
Ficha técnica de La Butaca.net
Dirección: Oliver Hirschbielgel.
País: Alemania.
Año: 2001.
Duración: 120 min.
Interpretación: Moritz Bleibtreu (Tarek Fahd. Prisionero nº.77), Maren Eggert (Dora), Christian Berkel (Steinhoff. Prisionero nº.38º), Justus von Dohnanyi (Guardián Berus), Oliver Stokowski (Schütte. Prisionero nº.82), Timo Dierkes (Guardián Eckert), Nicki von Tempelhoff (Guardián Kamps), Antoine Monot Jr. (Guardián Bosch), Wotan Wilke Möhring (Joe. Prisionero nº.69), Andrea Sawatzki (Dra. Jutta Grimm), Edgar Selge (Profesor Dr. Klaus Thon), Polat Dal (Prisionero nº.40), Stephan Szasz (Prisionero nº.53), Danny Richter (Prisionero nº.21), Ralf Müller (Prisionero nº.15), Markus Rudolf (Prisionero nº.74), Peter Fieseler (Prisionero nº.11), Thorsten Dersch (Prisionero nº.86), Sven Grefer (Prisionero nº.94), Lars Gärtner (Guardián Renzel), Markus Klauk (Guardián Stock), Ralph Püttmann (Guardián Amandy), Philipp Hochmair (Lars), André Jung (Ziegler), Uwe Rohde (Hans).
Guión: Mario Giordano, Christoph Darnstädt y Don Bohlinger; basado en la novela 'The experiment - Black box'.
Producción: Norbert Preuss, Marc Conrad y Fritz Wildfeuer.
Música: Alexander van Bubenheim.
Fotografía: Rainer Klausnabb.
Montaje: Hans Funck.
Dirección artística: Andrea Kessler.
Vestuario: Claudia Bobsin.
Decorados: Uli Hanisch.
Con imaxes roubadas da prisión rodadas por uns lentes dignos de calquer super-espia que se precie, o protagonista, a quen lle é asignado o rol de prisioneiro, tenta transmitirnos as sensacións que se viven dentro da prisión. A maior parte do que ve o espectador percíbeo a través do nº77, o número que lle asignan a este xornalista encuberto. Ás imaxes por el rodadas súmanse as do circuíto cerrado de vixilancia (diurno e nocturno) mediante a cal os doutores controlan a marcha do experimento. Deste xeito é como o espectador se enfronta á situación que se vive dentro deste cárcere recreado. Momentos de tensión, de medo,e de incertidume salpican todo o filme para conducirnos cara o desenlace prematuro da investigación. Os gardas deshumanízanse, os presos comezan a sufrir cadros depresivos e os doutores perden todo o control que en un primeiro momento puideran exercer sobre os integrantes. Integrantes que foran escollidos pola súa estabilidade mental, que podían abandonar o proxecto con total liberdade e que foran advertidos en todo momento de que podían chegar a enfrontarse e situacións extremas.
Ver esta obra é enfrontarnos ao medo común de que en cada un de nós habite un pequeno e escuro dictador. A que en calquera momento, a persoa máis corda poida sentirse presionada por roles de grupo e asumir unha personalidade violenta, sádica e vexatoria que non ten nada que ver coa súa actitude habitual pero si co novo entorno no que foi inserida artificialmente. O experimento de Stanford fora realizado para analizar se os membros dos campos de concentración nazis simplemente profesaban obedencia cega ou tiñan unha implicación persoal na masacre xudia, queríase comprobar se algo así podería suceder en Estados Unidos. Esa primeira experiencia tamén foi, como no filme, suspendida por sobrerreacións dos seus integrantes. Outras moitas investigacións intentaron descubrir un patrón que guíase estas actitudes pero todas tiveron que ser canceladas por motivos similares ou non chegaron a dar datos concluentes. Só un, quizás, a pouca humanidade das mesmas probas, que hoxe se consideran contrarias aos dereitos humanos.
Podemos atopar en outras obras alusións a situacións parecidas:
-La Ola (Die Welle) (Alemania, 2008)
-El Señor de las Moscas (William Golding, 1954) Contén spoilers da trama do libro

martes, 26 de mayo de 2009

Así son os enterros na miña terra


13-12-2008
Foi de súpeto. Sen avisar. Ou iso dicían todos. Ninguén coincidía na versión, só tiñan ese punto en común. Uns argumentaban que ía camiño do baño, outros que volvía. Algúns aseveraban que xa se duchara. O certo, a fin de contas, é que dende a noite do seis de decembro el estaba nun cadaleito, no tanatorio municipal. O rosario rezouse axiña, iso dixo miña avoa. Pero case nin había xente, asegurou. A miña avoa é esa clase de muller que nunca esquece ir aos enterros de todos os veciños cos que tratou algunha vez, tamén é das que espera un trato recíproco por parte dos que asistan aos da súa familia. Por ese mesmo motivo pasou parte da noite do sábado velando o cadáver dun home do que eu nin o nome coñecía. Tampouco se ruboriza cando calcula cantos dos da parroquia non se presentan nos velorios, esas reunións sociais tan habituais aquí en Galicia. Porque non se pode negar o que todos aprendemos dende meniños; estas cousas fanse para os que quedan, non para os que se van.
O domingo, a iso das tres, saímos nós dispostas a despedir o cadáver. A primeira vez que eu oíra falar del fora o día anterior, cando á hora da comida se decidira quen había ir ao velorio e á misa. Miña tía coñecíao algo máis, oíra sobre todos os trapos sucios da súa familia. Non obstante, ningunha das dúas sabíamos moito máis del que o seu nome e o apelido da familia. Poida que aos parentes lles importara, cousa moi lóxica, pero dubido que ás outras cincuenta ou sesenta persoas presentes no tanatorio iso lles quitara o sono. Como puiden observar nada máis entrar, empurrando xente, estaban máis interesados no que lle sucedera ao primo da dona do veciño do falecido cando este lle movera un marco. Naquel intre meditei que quizás este fora un caso especial pero lembrando todos os enterros aos que xa asistira deducín que en realidade é a tónica xeral, polo menos na miña vila.
O proceso unha vez se entra no tanatorio é sempre moi parecido. O ritual consiste en achegarse á familia e con seriedade transmitirlles un “acompáñoo no sentimento” ou similar. Se un é crente pode dedicar uns minutos a rezar diante do cadaleito, de non ser así o máis habitual é abandonar a sala e á entrada depositar unha tarxeta de visita onde estea ben visible o nome do familiar máis coñecido na parroquia. Miña tía seguiu o rito paso a paso, mais neste caso asinou no libro de visitas co seu nome, e en letras ben grandes engadiu “Filla de....”. No cadro seguinte anotou o meu nome e apelidos sen esquecer engadir “Neta de....”.
Vinte ou trinta minutos máis tarde, despois de intercambiar impresións corteses e historias da parroquia con todos os coñecidos que se atopaban alí, dirixímonos á igrexa para asistir á misa. Unha vez dentro do edificio, onde o son dos nosos dentes parecía o dunhas castañolas, o cura predicou sobre a esperanza do cumprimento da vontade de Deus. Mentres tanto, os presentes empregaban a hora que durou a misa en descubrir como ían vestidos os que viñan da cidade, quen casara con quen ou quen lle roubara uns ferrados de terra ao veciño.
Teño ido a máis enterramentos de descoñecidos do que sería normal para a miña idade, pero cada vez que asisto a un novo, reafírmome máis nesa idea de que da nosa tradición non se pode desvincular, nin será posible en moito tempo, a sensación de que calquera acontecemento no que se reúna a parroquia pode converterse non nunha festa, pero case nun aperitivo. Polo menos os defuntos, se nos ven dende onde queira que estean, saberán que falamos deles; aínda que sexa ben.

jueves, 14 de mayo de 2009

Galicia pola Radio 1933-2008 A historia falada

Noticia que recolle a exposición que a sede compostelá da Fundación Caixa Galicia ofreceu no pasado mes de Marzo.


Presenta e locuta Alba L.M
Grava Jessica G.F